A Universidade da Coruña, ten en marcha un estudo sobre a INCLUSIÓN SOCIO-LABORAL DA MULLER NO ENTORNO RURAL DE GALICIA A TRAVÉS DA ALFABETIZACIÓN DIXITAL. Por este motivo, convidamos ás mulleres rurais de Galicia que desexen participar nunha recepción e almorzo que celebraremos na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña (Campus de Elviña) o xoves, 23 de setembro de 2010, as 14 horas.
Política Social Europea e Inclusión Social - Universidade da Coruña
Curso de verán 2011
O curso de verán 2011 organizado pola Universidade da Coruña celebrouse na Casa da Cultura de Sada do 26 ao 29 de Xullo.
Ampliar información.
Ver programa en formato pdf.
Ver díptico en formato pdf.
Ver cartel do curso en formato pdf.
Proxecto de investigación Muller Rural
Benvidas e benvidos a este espazo no que exporemos o traballo no proxecto de investigación “Inclusión Socio-Laboral da Muller no entorno Rural de Galicia a través da Alfabetización Dixital” que levamos a cabo na Universidade da Coruña o fin de achegar os avances da investigación e favorecer a participación das persoas interesadas nesta temática
Enquisa tecnolóxica
Estamos a facer un estudo sobre o interés tecnoloxico no que interesanos moito a sua participación.
COMENZA EN SADA A II EDICIÓN DO CURSO DE VERÁN DA UDC POLÍTICA SOCIAL EUROPEA E INCLUSIÓN SOCIAL: BOAS PRÁCTICAS E SERVIZOS DE CALIDADE
Hoxe inaugurouse na Casa da Cultura de Sada a II Edición do Curso de Verán da Universidade da Coruña POLÍTICA SOCIAL EUROPEA E INCLUSIÓN SOCIAL: Boas prácticas e Servizos de Calidade. Nesta inauguración estiveron presentes Luis Caparros, Vicerreitor da Universidade da Coruña, Natalia Cimadevila García, Secretaria do Servizo Galego de Igualdade, Raquel Bolaño, Concelleira de Cultura do Concello de Sada, e os directores do curso de verán e profesores da Universidade da Coruña Mª Isabel Novo Corti (Análise Económica) e Manoel Baña Castro (Psicoloxía Evolutiva).
Páxina 1 de 2