Servizos administrativos en liña

Imprimir

Saúde

Atención Primaria

 Ò servizo de cita do Servizo Galego de Saúde, desde o que vostede poderá solicitar cita para diferentes profesionais da saúde, así como consultar e cancela-las súas próximas citas. Para iso é indispensable que teña a man a tarxeta sanitaria ó obxecto de que cubra axeitadamente os datos necesarios para formaliza-la cita.

Tarxeta Sanitaria

 Poderemos solicitar a tarxeta sanitaria por primeira vez, por roubo, extravío da mesma así como conssultar o seu estado e a información relativa a tarjeta.

Citas e lista de espera no hospital

 Sistema de información personalizado de citas e lista de espera nos hospitais do Servizo Galego de Saúde. Coa finalidade de garantir a confidencialidade dos seus datos, para acceder a estes servizos é indispensable que teña un certificado dixital de usuario válido expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT) ou un DNI electrónico.


Vehículos

Inspección Técnica de Vehículos en Galicia

 Permite a solicitude previa da ITV dos vehículos elexindo os horarios e os días máis axeitados. Ademáis encontrarase información relativa a inspección técnica de vehículos de Galicia.


Documentos

Documento Nacional de Identidade e Pasaporte

 Serve para obter cita para a persoa solicitante para as expedicións do Documento Nacional de Identidade e o Pasaporte. No caso de ser español maior de idade e carecer de DNI, ou ben español menor de edad e fillo de pais extranxeiros sen NIE, deberá dirixirse a unha oficina de expedición e solicitar o trámite persoalmente.


Certificados e firmas electrónicas

Información DNI Electrónico

 O DNIe é a adaptación do tradicional documento de identidade á nova realidade dunha sociedade interconectada por redes de comunicacións. Deste xeito, cada cidadán poderá facer e realizar múltiples xestións de forma segura a través de medios telemáticos e asegurando a identidade dos participantes na comunicación.

Certificado de Usuario con DNIE

 O Certificado de Usuario é un documento dixital que contén, entre outros, os seus datos identificativos. Así, o Certificado de Usuario permítelle identificarse en Internet e intercambiar información con outras persoas coa garantía de que só vostede e o seu interlocutor poden acceder a ela. O Certificado de Usuario permitiralle realizar trámites de forma segura coa Administración Pública a través de Internet. Grazas ao seu Certificado de Usuario poderá esquecerse de desprazamentos e esperas innecesarias. A Administración Pública en Internet é áxil e eficaz.

Firma Electrónica Móbil

 Un Usuario de Internet que obtivese o seu certificado electrónico de Firma Electrónica Móbil pode realizar todo tipo de trámites de forma que queda garantida a súa verdadeira identidade. Ademais permite asinar electrónicamente formularios e documentos electrónicos coa mesma validez xurídica que se asinase co seu "puño e letra" o mesmo documento en papel. A obtención do certificado electrónico de Firma Electrónica Móbil é totalmente gratuíta, e tan só deberá dispor dun certificado electrónico FNMT e dun cartón SIM habilitada para Firma Electrónica Móbil que lle deberá proporcionar o seu operador de telefonía móbil.

Firma Electrónica Móbil Vodafone

Firma Electrónica Móbil Movistar

Obtener certificado Firma Electrónica Móbil

Utilizamos cookies para mejorar nuestro sitio web y su experiencia al usarlo. Las cookies utilizadas para el funcionamiento esencial del sitio ya se han establecido. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto cookies de este sitio web.

Aviso legal